Actualidade
Asamblea Xeral
Na Asemblea Xeral Ordinara da Cooperativa de Vilaboa de Consumidores e Usuarios, S.C.G, celebrada o pasado día 22 de xuño de 2025, os socios cooperativistas acordaron aprobar as contas anuais correspondentes ao exercicio pechado en 31 de decembro de 2024, así como a xestión levaba a cabo polo Consello Rector no dito exercicio.
A entidade presentou ao peche do exercicio 2024 un excedente positivo de 351.987,61 euros, o que supón un incremento respecto ao resultado obtido no exercicio anterior.
Acordouse, pola súa vez, destinar a totalidade do excedente a nutrir os fondos de reservas da Cooperativa co consecuente incremento dos fondos propios da entidade, que alcanzan a peche do exercicio un total de 10.501.879,42 euros.
Mantense así, unha favorable evolución na actividade da entidade, na liña do acontecido nos exercicios precedentes, que dá mostra da estabilidade na xestión, así como a súa solvencia, sempre de cara ao obxectico de ofrecer os mellores servizos aos socios cooperativistas.




